Estimados pais e nais:
En colaboración co mestre especialista da asignatura de inglés solicitamos as licencias da editorial Santillana, para que poidades acceder aos contidos interactivos da asignatura.
No enlace http://www.richmondwonders.net/ debeberedes facer click en Student´s access.
A continuación, hai que se rexistrar en Student's registration.
Pediranvos un código de licencia (licence code) que vos daremos os titores a aqueles que esteades interesados, o cal é persoal e intrasferible.
Despois pídenvos un nome (name), no que podedes poñer o nome e apelidos dos vosos fillos.
No apartado Post Code, poremos 36211
En school, CPR PLURILINGÜE LABOR
En level, clicaremos en 3, 4, 5 ou 6 segundo sexa o curso dos vosos fillos 3º 4º 5º ou 6º
Por último, pídenvos que creedes un contrasinal e o confirmedes (choose a password/confirm password), é dicir, poñede a mesma en ambos apartados, e facede click en: I have read and accept the terms and conditions.
Unha vez feito isto, pasaredes a unha nova páxina onde vos darán un username (nome de usuario) e unpassword (contrasinal), que vos pedirán para acceder ao contido dixital, o cal poderedes imprimir ou gardar en formato pdf.
Nesta web poderedes acceder aos audios, libro interactivo do estudante, ao "wonder game" e ao "language reference".
Un saúdo.