CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Estimadas familias:
       O vindeiro venres 9 de febreiro terá lugar a fiesta do entroido. Este ano o tema elixido como centro das nosas celebracións é "A Granxa".
Lembrámosvos que, maila as celebracións, o venres é día lectivo a tódolos efectos, polo que calquera ausencia do alumnado deberá ser xustificada por escrito e , cando sexa posible, notificada con antelación aos respectivos titores.
O horario para o alumnado  de Primaria será de 9:30 a 13:00, se ben os profesores estarán á disposición dos alumnos desde as 9:00 ata as 14:00.
    Mantense o horario do comedor, así como os horarios e formato habituais das actividades extraescolares da tarde.
Segundo o calendario oficial da Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia as vacacións do entroido serán do sábado 10  ao mércores 14 de febreiro ,ambos incluídos.
Polo tanto o día de regreso á actividade lectiva será o xoves 15 de febreiro.

Bo entroido!

A Dirección.

Entradas populares