I CERTAME LITERARIO COLEXIO LABOR


BASES.

1. PARTICIPANTES. Poderán participar neste certame alumnos (a partir do 2º

ciclo de Primaria), profesores e pais de alumnos do Colexio Labor.

2. IDIOMAS. Os idiomas nos que se poderán presentar os escritos serán

GALEGO e CASTELÁN.

3. MODALIDADE. Os traballos que se presenten deberán ser orixinais.

Poderán ter forma de conto, conto ilustrado ou relato breve. O tema é libre.

4. FORMA. A extensión máxima dos traballos que se entreguen non deberá

superar as seis páxinas mecanografadas (para a extensión do traballo non se

computará a portada) a 1,5 espazos e o tipo de letra será ARIAL 12.

No caso de optar pola opción do conto ilustrado a extensión será de dez

páxinas.

5. Os traballos recolleranse ata o día 23 de abril de 2013 na Secretaría do

Colexio. Deberán ser entregados nun sobre pechado no que deberá aparecer

o título da obra e o pseudónimo do autor. No interior haberá outro sobre cos

datos reais do participante (nome, curso); no caso dos pais ou nais indicarase o

nome e o curso do seu fillo ou filla.

6. O xurado, composto por profesores co Colexio, comunicará a súa decisión o

día 31 de maio de 2013.

7. PREMIOS. Haberá un gañador e un finalista por categoría. Establécense

catro categorías:

1ª. Segundo ciclo de Primaria.

2ª. Terceiro ciclo de Primaria.

3ª. ESO.

4ª. Pais e profesores.

Entradas populares